Esta declaración de privacidade ha de ser lida conxuntamente coa Declaración de privacidade de Microsoft System Center 2012 Configuration Manager. Son de aplicación as provisións dese documento. Esta declaración de privacidade cobre as características para o rexistro de empresa relacionadas coa administración de dispositivos móbiles de Microsoft System Center 2012 Configuration Manager. Esta declaración céntrase nos aspectos de alto nivel das características do rexistro, e non pretende ser unha lista exhaustiva.
O rexistro de empresa permítelle rexistrar o seu dispositivo móbil cun servidor de Microsoft System Center 2012 Configuration Manager. Despois de rexistrar o seu teléfono, o departamento de TI da súa empresa pode instalar software, configurar axustes e ver unha lista de todo o software instalado no seu teléfono. O departamento de TI tamén ten a capacidade de reiniciar o seu dispositivo aos axustes de fábrica, borrando todos os axustes e datos persoais.
O rexistro de empresa enviará a súa dirección de correo electrónico ao seu servidor corporativo de Microsoft System Center 2012 Configuration Manager. O rexistro de empresa tamén instalará un certificado dixital da autoridade de certificación corporativa. Teña en conta que Microsoft non recibe nin recolle ningunha información.
Usar o rexistro de empresa queda á súa elección; durante o rexistro vostede pode deter o proceso en calquera momento antes de introducir o seu contrasinal e aceptar seguir co proceso. Despois diso, vostede quedará rexistrado ata que reinicie o seu dispositivo aos axustes de fábrica. Se o seu administrador corporativo anulase o rexistro do seu dispositivo, este pode sufrir un borrado de todos os axustes e datos persoais e un reinicio aos axustes de fábrica.